OBXECTO: solicitar a descualificación da sociedade como laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais. Para iso debe achegarse:
A documentación que se relaciona deberá ser presentada nunha oficina de Rexistro presencial, para os efectos da autenticación da copia autorizada da escritura que se achegue por persoal da administración, e posterior devolución á interesada xunto co seu xustificante de presentación.
- Solicitude.
- Copia autorizada da escritura pública de transformación ou disolución da sociedade.
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.
- A través da Oficina Virtual Tributaria.
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL.