Modificación de estatutos dunha sociedade laboral
OBXECTO: solicitar no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais:
- a declaración de que a modificación de estatutos da sociedade non afecta a súa cualificación como laboral.
- a inscrición do cambio de domicilio social
- a adaptación dos estatutos á Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas para dar cumprimento ao disposto na súa disposición transitoria segunda.
Para iso debe achegarse:
- Solicitude.
- Copia autorizada da escritura pública de modificación de estatutos da sociedade.
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.
- A través da Oficina Virtual Tributaria.
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL
- Informe de traballadores en alta na/s conta de cotización na seguridade social, de data actual.
A documentación que se relaciona deberá ser presentada nunha oficina de Rexistro presencial, para os efectos da autenticación da copia autorizada da escritura que se achegue por persoal da administración, e posterior devolución á interesada xunto co seu xustificante de presentación.