Modificación de estatutos dunha sociedade laboral


OBXECTO: solicitar no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais:

 

  • a declaración de que a modificación de estatutos da sociedade non afecta a súa cualificación como laboral.
  • a inscrición do cambio de domicilio social
  • a adaptación dos estatutos á Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas para dar cumprimento ao disposto na súa disposición transitoria segunda.

 

Para iso debe achegarse:

  1. Solicitude.
  2. Copia autorizada da escritura pública de modificación de estatutos da sociedade.
  3. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.
  4. Informe de traballadores en alta na/s conta de cotización na seguridade social, de data actual.

A documentación que se relaciona deberá ser presentada nunha oficina de Rexistro presencial, para os efectos da autenticación da copia autorizada da escritura que se achegue por persoal da administración, e posterior devolución á interesada xunto co seu xustificante de presentación.